Saturday 04 de May de 2024

Lara López, bronce no VII Open Internacional-Campionato de España de Primavera


 

Novo éxito para a socorrista ordense Lara López Fernández, quen regresou do VII Open Internacional–Campionato de España de Primavera Xuvenil, Júnior e Absoluto coa medalla de bronce na proba de 100 metros Remolque de Manequín con Aletas Júnior.

Unha competición incluída na Copa de Europa de Salvamento e Socorrismo. Tivo lugar na Piscina Municipal de Torrevieja (Alacant) ao longo da pasada fin de semana.

Ademais, Lara López acadou o sexto posto nos 100 metros Socorrista Júnior.